"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

7/12/12

Atréveste a soñar?

Desde pequenos todos sabemos soñar. Durmidos e espertos. Grazas á potencia da nosa imaxinación cremos que somos capaces de calquera cousa. Con todo, segundo medramos perdemos esta marabillosa capacidade que logo tanta falta nos fai na vida á hora de ser creativos, de innovar, de cambiar as nosas vidas e de transformar as nosas empresas. Invitámoste a que te atrevas a soñar outra vez, a desafiar a túa zona de confort, e a que goces do pracer de converter os teus soños en realidade. Atréveste a soñar?