"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

28/3/13

É a Renda Básica unha utopía?

Juan Antonio González – Attac Oviedo

(...) Nestes tempos que corren, sería unha ilusa utopía establecer unha Renda Básica (RB) na España actual? Non debemos falar de ilusións utópicas cando unha RB xa existe nalgúns países como Alaska ou Irán (aínda que neste último caso a renda vai destinada á familia e non ao individuo); non debemos facelo porque en España, dous estatutos de autonomía recollen unha "renda mínima de cidadanía" (o catalán e o valenciano), non debemos facelo cando o Parlamento Vasco aproba con amplo consenso político, un relatorio sobre a RB, para que unha comisión de traballo a examíne. En fin, non debemos facelo cando o 28 de abril de 2009 créase unha subcomisión parlamentaria nas Cortes españolas para o estudo da viabilidade da implantación dunha RB.(...)

(...) En España sobreviven no 2011, dez millóns de pobres. A marzo do 2013, as dez primeiras fortunas do este país (repito só as dez primeiras) son homes e mulleres que atesouran preto dos noventa e dous mil millóns de dólares, un remanente bastante parecido á actual fraude fiscal, unha cantidade de diñeiro que acabaría coa severa pobreza neste país. Previa reforma fiscal, existe diñeiro suficiente para financiar unha RB; máis aínda, si tal reforma se puxese en marcha e aflorase o diñeiro "B", poderíase levar a término a RB sen que fose necesario unha maior presión fiscal, tan só é cuestión de vontade política. Un pacto social debe ser instrumentado recoñecendo que o mercado por si só non é unha alternativa á distribución da renda.

Ver artigo completo >>

Rede Renda Básica

No hay comentarios: