"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

14/4/13

Lo llamaban democracia - Colectivo Novecento

Quen ía imaxinar naquel setembro de 2008 que a caída de Lehman Brothers daría inicio, non só á grave crise económica que estamos a sufrir, senón tamén a unha crise política na que xa se cuestiona o réxime emanado da Constitución de 1978. Neste libro, con rigor e compromiso, explícanse de xeito accesible as claves económicas e políticas que marcan este proceso, así como os inmediatos dilemas que se formulan.

Viñetas e fotografías das últimas resistencias cidadás acompañan os textos deste primeiro libro conxunto do Colectivo Novecento, no que supón unha suxestiva reivindicación da política como o mellor modo de recuperar a democracia.

Colectivo Novecento é un grupo que trenzou a súa amizade fai xa quince anos no seo dunha asociación universitaria, Economía Alternativa. Uns e outras seguiron vías moi diversas nas súas inquietudes políticas e profesionais. Hai un ano decidiron crear o blog de economía crítica e pensamento político: www.colectivonovento.org

Nesta plataforma pódense encontrar materiais complementarios (bibliografía, gráficos, actualizacións) a algúns dos textos deste libro.

Índice e presentación

No hay comentarios: