"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

7/5/13

Decálogo para saír da crise

Por José María Mella, catedrático da Universidade Autónoma de Madrid

Desta crise pódese saír. É necesario claridade de ideas. A continuación propoño algunhas, baseadas nas formulacións de Krugman, do que recomendo a lectura do seu último libro (¡Acabad ya con esta crisis!).

Primeira: "O que falla é a demanda". Os consumidores non consumen, os empresarios non invisten e os exportadores non exportan o suficiente.

Segunda: "O teu gasto é o meu ingreso e o meu ingreso é o teu gasto". Isto é obvio para todos, menos para os que nos mandan. Se os individuos nos apertamos todos os cintos e tamén o fai o goberno, quen compra a produción?

Terceira: "Gastar menos pódeo facer un individuo ou unha familia, pero non toda a sociedade". Todos os países europeos compran menos do que poden producir: isto pódeo facer un individuo; se o fai toda a sociedade: o resultado é a crise.


Cuarta: "O único camiño é o gasto público, cando o sector privado está parado" Porque o gasto público, induce o gasto dos consumidores e o investimento das empresas.

Quinta: "Canto máis pagan os debedores, máis deben". Cando hai demasiados debedores debendo, ao actuar todos ao mesmo tempo para pagar as débedas, teñen que vender todo o que teñen, os prezos baixan e a carga real da débeda sobe.

Sexta: " Como se reduce a débeda? Gastando menos, Non!; gastando máis; Si! " Ao gastar todos menos, aforramos máis; pero investimos menos e tamén crecemos menos e obtemos menos ingresos. Ao final, con menos ingresos, aforraremos menos para pagar as débedas.

Sétima: "Craso erro ocuparse do déficit e non do desemprego". Ocuparse do déficit para gañar confianza non responde á realidade, como estamos a ver. Nunha crise, o medo ao non pagamento por parte dos acredores, que dubidan da solvencia do goberno, non é polo déficit, senón que porque o país non crece e non crea emprego. Logo, necesítase crecemento e emprego para xerar ingresos e devolver as débedas.

Oitava: "A austeridade expansiva é unha doutrina fallida". Recortar o gasto nunha crise non serve para crecer, senón para decrecer. É o mesmo que reducir os ingresos, non poder compensar os gastos e outra vez a necesidade de máis recortes, como os que está esixindo de novo a Comisión Europea ao goberno nestes días.

Novena: "Mentres Alemaña non compre e España non venda, non hai saída". Os acredores (Alemaña e outros países do Norte) non queren gastar, pero os debedores (España e outros países do Sur) non poden gastar porque non venden. Se o Norte non importa, o Sur non pode exportar. Resultado: a economía deprímese e o desemprego aumenta. Iso é o que nos está a pasar. E o que a UE non quere ver.

Décima: "Pleno emprego e maior igualdade distributiva", formulando un plan de crecemento en toda Europa para xerar emprego, mellorar os salarios e saír da crise.

Ideas, como ven os lectores, hainas. O que falta é vontade para aplicalas. Urxe organizar unha alternativa política para convertelas en realidade.

Vía econonuestra.org

No hay comentarios: