"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

19/4/13

Ignacio Ramonet: "Chegou a hora de reinventar a política e o mundo"

Vía eldiario.es

Ignacio Ramonet (Redondela, 1943), é un dos pensadores máis lúcidos dos últimos tempos. Instalado en París dende 1972, sociólogo e semiólogo, especialista en xeopolítica, profesor de Teoría da Comunicación, sagaz xornalista, a súa forma de mirar e interpretar a modernidade e, por extensión, a globalización, fai das súas ideas un punto de inflexión necesario contra o pensamento dominante. Diario Kafka falou con el sobre a actualidade política, a crise e os emerxentes movementos sociais, Europa e o porvir.

"... estes partidos (os de esquerdas) están comprometidos con esta mesma política conservadora que eles foron os primeiros en aplicar..."

"... O movemento do 15M, non obstante, é o reflexo da derruba xeral de todas as institucións (Coroa, xustiza, Goberno, oposición, Igrexa, autonomías...). Nese sentido, é o máis positivo que aconteceu na política española dende o final do franquismo. O máis fresco e innovador..."

".... Só dende hai trinta anos -ou sexa, nada nunha historia de séculos-, o mercado quixo expulsar o Estado do campo da economía. Hai que volver ao sentido común, a un keynesianismo razoable: tanto Estado como sexa necesario e tanto mercado como sexa indispensable. A proba evidente do fracaso do sistema neoliberal actual son os axustes e rescates que demostran que os mercados non son capaces de regularse por si mesmos. Autodestruíronse pola súa propia voracidade. Ademais, confírmase unha lei do cinismo neoliberal: privatízanse os beneficios pero socialízanse as perdas..."

"... A socialdemocracia fracasou porque ela mesma participou na liquidación do Estado de benestar, que era a súa principal conquista e o seu gran sinal de identidade..."


No hay comentarios: