"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

9/6/13

O que debes saber para que non che rouben a pensión

Este libro trata de poñer as cousas no seu sitio explicando da forma máis clara posible o que hai detrás de todo ese catastrofismo.

Hai xa anos que se iniciou un claro ataque ás pensións públicas, un dos dereitos máis apreciados pola poboación. Para iso difundiuse ata a saciedade un discurso catastrofista que a base de ser repetido calou fondo na xente: a sociedade faise vella e dentro duns anos non haberá traballadores suficientes para financiar as pensións, así que convén subscribir canto antes fondos privados.

Estas ideas adóitanse presentar acompañadas de informes sesudos que auguran un déficit insoportable para a Seguridade Social e a súa gran difusión mediática fai que a opinión pública remate por crer que o seu futuro está no aire.

A realidade é que este discurso carece de fundamento científico, está moi ideoloxizado, preséntase sen probas e, ata o momento, todas as súas predicións foron desmentidas polos feitos. Para disimulalo, siléncianse as análises dos que demostran que a viabilidade e o futuro das pensións teñen que ver con outros factores, que non se teñen encuenta para poder xustificar así a súa progresiva privatización.


No hay comentarios: