"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

10/6/13

Todo lo que era sólido - Antonio Muñoz Molina

Este é un ensaio directo e apaixonado, unha reflexión narrativa e testemuñal, ao máis puro estilo dos ensaios de George Orwell ou de Virxinia Woolf, unha proposta de acción concreta e entusiasta para avanzar dende a actual deterioración económica, política e social cara á realidade que queremos construír. Partindo tanto de documentos xornalísticos coma da tradición literaria, Antonio Muñoz Molina escribe esgrimindo razón e respecto, sen eludir verdades por amargas que estas sexan, porque saber é o único camiño para cambiar as cousas.

Testemuña dunha época na que aínda non estaban ao noso alcance dereitos que agora perigan, recórdanos que nada é para sempre, que calquera dereito pode desaparecer. Este ensaio convócanos: «fai falla unha serena rebelión cívica» e aprémanos: «hai cousas inaprazables».

Todo lo que era sólido é un espello no que todos debemos mirarnos, non importa o lugar ideolóxico no que nos movamos, onde vivamos ou a nosa condición social; unha chamada para que reaccionemos, cada un dende o noso ámbito de actuación, e contaxiemos co noso exemplo unha responsabilidade cívica que habemos de esixir, de xeito contundente, aos nosos gobernantes


Vía planetadelibros.com

No hay comentarios: