Constitución española. Artigo 119:
Despois dunha semana de mobilizacións, por primeira vez no noso país, de todos os membros do estamento xudicial (xuíces, fiscais, avogados, procuradores e funcionarios da administración de xustiza), hoxe entra e vigor, publicada no BOE de do 21 de novembro, a nova lei 10/2012 de 20 de novembro, pola que se regulan determinadas taxas no ámbito da Administración de Xustiza e do Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses. As novas taxas xudiciais aprobadas polo ministerio de Gallardón, a partir de agora esténdense a toda a poboación.

Fálase dunha xustiza para os ricos, estes si poderán afrontar eses incremento das taxas xudicias, e tamén para os máis pobres, pois aqueles cidadáns sen recursos seguirán disfrutando de xustiza gratuíta (como así se establece na Constitución). O gran problema prantéxaselle á clase media, que unha vez máis ve limitado o acceso a un dos dereitos recollidos na Carta Magna, nesa escalada de recortes que, pola mala xestión de algúns, cébase cunha cidadanía cada día mais carente de servizos públicos, tanto en cantidade como en calidade (educación, sanidade, agora xustiza).
Vexamos algúns exemplos:
Multas: 200 €
Recorrer unha multa de 100 € imposta inxustamente por Tráfico, tras esgotar a vía administrativa, acudindo ao contencioso, custaralle ao cidadán 200 € en taxas xudiciais que non recuperará aínda que lle dean a razón. Se a sentenza resulta en contra e o afectado quere recorrer ao Tribunal Superior, as taxas serán de 800 €. No caso do Supremo, serán de 1.200 €.
Reclamar unha factura: 200 €
Reclamar unha factura errónea de teléfono, luz ou gas por valor de 80 € suporá ao cliente desas empresas outros 200 € en taxas xudiciais.
Reclamar un voo cancelado: 312,50 €
Un voo cancelado sen motivo que provoque ao pasaxeiro danos valorados en 2.500 €, suporá outros 312,5 € en taxas se decide reclamalos no xulgado.
Contra unha compañía aseguradora: 312,50 €
Unha compañía aseguradora que se negue a cubrir un sinistro por valor de 2.300 € poderá quedar impune ante aqueles cidadáns que non poidan pagar os 312,50 € que custa agora levalos ante os tribunais por esa cantidade.
Pensión por divorcio: 812 €
Nun divorcio con reclamación de pensión de 200 € mensuais, o cidadán terá que abonar 812 € ata o recurso de apelación. Un divorcio ordinario levará unha taxa de 300 € (máis a porcentaxe sobre os bens). Se a demanda de custodia e pensión preséntase dentro do divorcio, pagará taxa; se se presenta de forma separada, non. Os asuntos familiares que impliquen a menores ou procesos matrimoniais sobre garda e custodia de menores e pensión por alimentos, entre outros, están exentos de taxas xudiciais.
Reclamar unha herdanza 800 €
Unha reclamación dunha herdanza gañada en primeira instancia, perdida na apelación e gañada finalmente no Supremo, custaralle ao cidadán 800 € en taxas.
Recorrer un despedimento improcedente 1.250 €
Un traballador que recorra un despedimento improcedente terá que pagar 500 € en taxas. Se os tribunais non lle dean a razón ata a última instancia, deberá abonar 1.250 € polos recursos.
Débedas, ata 1.200 €
Unha demanda en procedemento monitorio -reclamar diñeiro, por exemplo, unha débeda entre particulares- terá unha taxa xudicial inicial de 100 €. Se esta sentenza recórrese, ascenderá a 800 € e se chega ao Supremo, ata 1.200 €.
CADRO RESUMO TAXAS XUDICIAIS
