"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe
Mostrando entradas con la etiqueta manipulación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta manipulación. Mostrar todas las entradas

9/6/13

O que debes saber para que non che rouben a pensión

Este libro trata de poñer as cousas no seu sitio explicando da forma máis clara posible o que hai detrás de todo ese catastrofismo.

Hai xa anos que se iniciou un claro ataque ás pensións públicas, un dos dereitos máis apreciados pola poboación. Para iso difundiuse ata a saciedade un discurso catastrofista que a base de ser repetido calou fondo na xente: a sociedade faise vella e dentro duns anos non haberá traballadores suficientes para financiar as pensións, así que convén subscribir canto antes fondos privados.

Estas ideas adóitanse presentar acompañadas de informes sesudos que auguran un déficit insoportable para a Seguridade Social e a súa gran difusión mediática fai que a opinión pública remate por crer que o seu futuro está no aire.

A realidade é que este discurso carece de fundamento científico, está moi ideoloxizado, preséntase sen probas e, ata o momento, todas as súas predicións foron desmentidas polos feitos. Para disimulalo, siléncianse as análises dos que demostran que a viabilidade e o futuro das pensións teñen que ver con outros factores, que non se teñen encuenta para poder xustificar así a súa progresiva privatización.


5/5/13

Doutrina do Shock, Noam Chomsky e As 10 estratexias básicas de manipulación mediática

Vía diseño social EN+

Hai pouco reflexionabamos sobre a importancia das "noticias positivas" fronte á Doutrina do Shock. Para alcanzar unha sociedade libre é necesario que as persoas teñan garantido o acceso ao coñecemento, e saiban ademais manexar de forma crítica a información que recibe. Nesta mesma liña de pensamento, queremos compartir hoxe convosco as reflexións de Noam Chomsky e Sylvain Timsit sobre a manipulación mediática.

Ver artigo completo >>