"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe
Mostrando entradas con la etiqueta explotación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta explotación. Mostrar todas las entradas

23/4/13

Por que a xente non reacciona? A indefensión inducida

A Indefensión Aprendida, adquirida ou inducida, termo acuñado polo profesor Martin Seligman, é unha condición psicolóxica na que un suxeito aprende a crer que está indefenso, que non ten ningún control sobre a situación na que se encontra e que calquera cousa que faga é inútil.

Os efectos da indefensión serán maiores se un tende a pensar que a non continxencia é debida a factores estables ou de carácter global, mentres que os efectos serán menores ou transitorios se un tende a atribuír o fenómeno a factores inestables ou de carácter máis específico. Ou sexa, se lle atribuímos á crise global a culpa da nosa situación e se alleamos de nós a posibilidade de elección da resposta, quedamos indefensos ante os poderes fácticos, aos cales nos renderemos sen exercer ningunha resposta. Iso explicaría, por exemplo, o por que os prisioneiros dos campos de concentración non se rebelaron contra os nazis.

Moitos de nós vemos con claridade quen son os responsables directos da crise e somos capaces de sinalalos e actuar contra eles. Preguntámonos por que tanta xente se resigna, aínda, nas súas casas, en lugar de saír a encher as rúas. Porque, certamente, non deixamos de escoitar as mesmas frases, as mesmas mensaxes, que se repiten como mantras sen sentido: vivimos por enriba das nosas posibilidades, non podemos facer nada, eles sempre gañan, todo está perdido, que podemos facer nós sós contra o sistema? Frases que reflicten un incomprensible conformismo. Pero, que se o analizamos dende o prisma de que estamos baixo unha hipnose colectiva, baixo a indefensión inducida, cobra máis sentido.

A indefensión provoca unha actitude pasiva da que se aproveita o Sistema, para dominar calquera impulso de reacción que a Cidadanía puidese ter fronte a unha xestión abusiva dende o Poder.


18/1/13

RÉQUIEM POLA SOCIALDEMOCRACIA

Magnífico artigo de Alberto Garzón Espinosa do 9 de novembro de 2012 (Público.es)

Marx, como outros autores clásicos, consideraba que as regras de xogo do capitalismo, e en particular o motor da competencia, obrigaría ás empresas a loitar entre si incrementando a explotación sobre os seus traballadores. Á fin e ao cabo o obxectivo das empresas é manter ou ampliar espazos de rendabilidade, para o que é necesario sobrevivir na selva da guerra competitiva. Si unha determinada empresa se despista e móstrase menos belicosa nesa tarefa, por exemplo subindo salarios, as empresas rivais poden tomar a dianteira e aproveitar para rebaixar os seus custos en relación á empresa en cuestión. Eses menores custos traduciranse en maiores vendas e en consecuencia en maiores beneficios, asumindo que os compradores prefiren o produto máis barato ao máis caro. Sabedora deste feito, a empresa terá que reaccionar tratando de reducir os seus custos ao nivel dos seus rivais. É dicir, volvendo baixar os salarios. A ameaza é desaparecer en tanto que empresa.

Por estas razóns apuntadas, Marx e os clásicos consideraban que a tendencia do salario era a alcanzar un nivel de mera subsistencia. A coerción da competencia levaría a todas as empresas a alcanzar equilibrios de mercado onde o salario estivese totalmente deprimido e con iso mantivésense condicións de precariedade absoluta para os traballadores. Dado que ademais a coerción da competencia tamén obrigaba a reinvertir os beneficios empresariais, Marx sumaba á predicción dos salarios de subsistencia a famosa advertencia de que o capitalismo estaba cavando a súa propia tumba ao aplicarse a lei da tendencia decrecente da taxa de ganancia.

22/12/12

China blue

Dirixido por Michael X. Peled e rodado clandestinamente e baixo duras condicións en China, este documental amosa dende un acceso privilexiado o que tanto China coma as grandes marcas internacionais queren ocultar: como se produce a roupa que compramos.

China Blue intérnanos nunha fábrica de pantalóns vaqueiros, onde dúas mozas, Jasmine e Orchid, intentan sobrevivir ás difíciles condicións laborais. As súas vidas crúzanse con outras compañeiras e coa do director da fábrica onde traballan, o señor Lam. Dende varios niveis da xerarquía da empresa, o documental amosa, humanamente, os problemas complexos dun mundo globalizado.

Así como outras moitas rapazas, Jasmine abandona a súa aldea para traballar nunha fábrica na cidade. Rapidamente, a súa ilusión inicial para conseguir diñeiro para a súa familia esvaécese. Vese sobresaturada por longas xornadas laborais e polo atraso dos pagamentos. O seu único consolo é a amizade que nace coas súas compañeiras de traballo.

Para conseguir novos pedidos de compradores occidentais, o señor Lam acorda prezos extremadamente baixos e uns prazos de entrega axustados. Grazas a este pacto, recorta os salarios e obriga as rapazas a traballar sen parar durante xornadas de 24 horas. Se as rapazas se dormen, múltaselles cunha rebaixa considerable do soldo. Para evitalo, suxéitanse as pálpebras con pinzas de colgar a roupa. Estas condicións indúceas a facer folga - ilegal en China - como último recurso para defender a súa dignidade.

China Blue debuxa un matizado, tenro e impresionante retrato sobre o día a día dunhas mozas traballadoras dunha fábrica téxtil. Á vez, proporciona un informe actualizado e alarmante sobre as presións económicas que establecen as compañías occidentais e as consecuencias humanas que iso provoca.