"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe
Mostrando entradas con la etiqueta globalización. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta globalización. Mostrar todas las entradas

29/4/13

O desastre económico actual era predicible

Vicenç Navarro, 26 de abril de 2013

Este artigo sinala que a crise tan profunda da economía española, co desemprego maior que existise ata agora, era doadamente predicible, como alertamos algúns autores xa dende o inicio da crise. As políticas neoliberais con recortes do gasto público, incluíndo o social, e diminución dos salarios, están a crear un problema enorme de falta de demanda doméstica, que non pode resolverse a base de maior endebedamento, resultado da carencia de crédito, este último consecuencia, á súa vez, da enorme concentración das rendas de capital e o seu excesivo crecemento a base de investimentos especulativos.

Uns poucos estivemos a dicir dende que se iniciou a crise que as políticas públicas que se están a aplicar durante estes anos de recesión son profundamente erróneas e están a levar aos países da Unión Europea (e moi en especial aos países da periferia da Eurozona) ao desastre. Como era predicible, os feitos que están a acontecer, co maior incremento do desemprego coñecido ata agora, están a mostrar que, por desgracia, levabamos razón.

En realidade, o problema co que nos enfrontamos é doado de entender e de resolver. Hoxe o sector privado da economía está paralizado ou en declive debido á falta de demanda e á escaseza de crédito para que as empresas e as familias poidan investir e/ou consumir. A evidencia diso é clara, robusta e abafadora. Ante esta situación, o único sector que pode estimular e facer crecer de novo á economía é o sector público. Así se saíu da Gran Depresión a principios do século XX en EUA e en Europa. En EUA, a Administración Roosevelt aumentou o investimento e o gasto público dun xeito moi notable, acentuándose mesmo máis co inicio e posterior desenvolvemento da II Guerra Mundial. En Europa foi este mesmo conflito o que creou un grande aumento do gasto e investimento públicos, que resolveu o problema da Gran Depresión.

15/2/13

O capitalismo empeza a ceder terreo... ideolóxico?

Artigo de Carlos Elordi publicado en eldiario.es o 14/02/2013

Nas altas esferas da economía mundial, cando menos nalgúns dos seus sectores e personaxes, empeza a atisbarse un cambio de actitude respecto de cales han de ser as prioridades da política económica. É difícil valorar a súa profundidade, saber si é meramente formal ou si, dentro de poucos meses, esquecerase. O que si parece claro é que o malestar xeral nas sociedades occidentais, e talvez tamén o temor a estallidos de ira popular, empeza causar impacto nalgúns poderosos do mundo.

O economista norteamericano Joseph Stiglitz, pouco sospeitoso de simpatizar co mundo do diñeiro e coa dereita económica, subliña eses novos aires nun artigo que publica hoxe o diario francés Les Echos e que empeza con esta frase: "Antes do desastre de 2008, os capitáns das finanzas e da industria alardeaban das virtudes da mundialización, da tecnoloxía e da liberalización dos servizos financeiros, que se supoñía que abrían unha era de crecemento sen fin e en beneficio de todos. Xa non estamos niso. É moi sintomático que o tema do debate da recente reunión de Davos (que ata hai pouco considerábase o cume do capitalismo mundial) sexa o das desigualdades económicas. E que nese debate ninguén se atreveu a dicir que o que é bo para os ricos termina por beneficiar aos pobres?".

Outra novidade imprevista que Stiglitz destaca no seu artigo é o que Christine Lagarde dixo en Davos. Porque a directora do FMI, prácticamente transfigurándose, expresou unha "verdadeira"- di Stiglitz- preocupación polo dereito das mulleres. Puxo, "de novo", o acento entre desigualdade e inestabilidade e recoñeceu o papel esencial da negociación colectiva e dun salario mínimo para reducir as desigualdades. Ata parecía de esquerdas, ela, que fai non moito foi ministra de Economía de Sarkozy.

16/1/13

Overdose (Sobredose)

Overdose (Sobredose) é un interesante documental de 46 minutos dirixido polo director sueco Martin Borgs baseado no libro Financial Fiasco de Johan Norberg.

Overdose describe e analiza a historia da maior crise económica da nosa época: a que aínda está por vir. Cando estalou a crise financeira global, a solución aplicada foi baixar as taxas de interese e inxectar miles de millóns de dólares sen respaldo a un sistema bancario enfermo. Esa solución o único que xerou é un problema maior, e por iso a próxima crise será peor aínda.

O documental retoma a crise financeira global onde termina Inside Job. Ten un estilo mestura de Españistán e Inside Job. Si miramos atrás primeiro estivo a burbulla das puntocom e para saír da recesión que vivía Estados Unidos no momento do 11S, os gobernos crearon a burbulla inmobiliaria si, pero, saben en cal estamos agora? "The bubble of all bubbles" que di Gerald Celente (Trends Research Institute): a burbulla dos rescates, do diñeiro falso inxectado para manter o sistema. Sobredose: a próxima crise financeira empeza contando como George W. Bush creou as empresas Fannie Mae e Freddie Mac para prestar diñeiro á xente para lograr the American Dream: unha vivenda! Axencias de cualificación que soben as notas aos grandes bancos para que sigan o exemplo de Fannie e Freddie e presten diñeiro. Non lles soa isto familiar ás noticias sobre Portugal, Grecia e España? Unhas axencias de cualificación que están pagadas polos prestamistas, os bancos, advirte o documental.

28/12/12

A maior estafa da historia da humanidade

Este vídeo é un achegamento ao funcionamento dos bancos, á súa historia e á orixe desta crise que, en realidade, é a maior estafa levada a cabo na historia da humanidade.


ñ

24/12/12

Miradas globales para otra economía

Non é só que unha economía baseada no desenvolvemento das persoas sexa posible, senón que xa existe. A Federación SETEM presenta a nova publicación "Miradas globales para otra economía" que mostra experiencias de éxito de economía solidaria en todo o mundo.

Ver publicación completa aquí >>




22/12/12

China blue

Dirixido por Michael X. Peled e rodado clandestinamente e baixo duras condicións en China, este documental amosa dende un acceso privilexiado o que tanto China coma as grandes marcas internacionais queren ocultar: como se produce a roupa que compramos.

China Blue intérnanos nunha fábrica de pantalóns vaqueiros, onde dúas mozas, Jasmine e Orchid, intentan sobrevivir ás difíciles condicións laborais. As súas vidas crúzanse con outras compañeiras e coa do director da fábrica onde traballan, o señor Lam. Dende varios niveis da xerarquía da empresa, o documental amosa, humanamente, os problemas complexos dun mundo globalizado.

Así como outras moitas rapazas, Jasmine abandona a súa aldea para traballar nunha fábrica na cidade. Rapidamente, a súa ilusión inicial para conseguir diñeiro para a súa familia esvaécese. Vese sobresaturada por longas xornadas laborais e polo atraso dos pagamentos. O seu único consolo é a amizade que nace coas súas compañeiras de traballo.

Para conseguir novos pedidos de compradores occidentais, o señor Lam acorda prezos extremadamente baixos e uns prazos de entrega axustados. Grazas a este pacto, recorta os salarios e obriga as rapazas a traballar sen parar durante xornadas de 24 horas. Se as rapazas se dormen, múltaselles cunha rebaixa considerable do soldo. Para evitalo, suxéitanse as pálpebras con pinzas de colgar a roupa. Estas condicións indúceas a facer folga - ilegal en China - como último recurso para defender a súa dignidade.

China Blue debuxa un matizado, tenro e impresionante retrato sobre o día a día dunhas mozas traballadoras dunha fábrica téxtil. Á vez, proporciona un informe actualizado e alarmante sobre as presións económicas que establecen as compañías occidentais e as consecuencias humanas que iso provoca.

20/12/12

Especulación alimentaria



Especulación alimentaria.
A especulación nos mercados de alimentos non é algo novo. Xa no século XVII especulábase co prezo do arroz nos mercados xaponeses moito antes de que fose cultivado. Cara a mediados do século XIX creouse en Estados Unidos o mercado de agrofuturos coa idea inicial de ofrecer aos produtores con certa cobertura (hedging) como seguro contra eventualidades.

A cousa funcionaba (e funciona aínda) así: en xaneiro, un agricultor acorda cun especulador a venda da súa colleita de trigo a un prezo fixo en agosto dese mesmo ano. O acordo fíxase nun contrato. A vantaxe para o agricultor está na seguridade dun prezo fixo en agosto. O interese para o especulador estiba na posibilidade de que, chegado agosto, o prezo do trigo suba por encima do acordado co produtor, co que conseguiría un beneficio pola súa venda. Este tipo de contratos de compra coñécense como derivados financeiros e no caso do trigo é un contrato de venda de futuros.

19/12/12

Redes de indignación y esperanza - Manuel Castells

Redes de indignación y esperanza. Los movimientos sociales en la era de Internet é un estudo elaborado polo sociólogo Manuel Castells á calor das recentes mobilizacións sociais das indignadas en España, Occupy Wall Street en Estados Unidos de América e as revoltas no mundo árabe.

Este libro, publicado orixinalmente en inglés baixo o título Networks of Outrage and Hope (novembro 2012) con dedicatoria ao sociólogo francés Alain Touraine, constitúe unha referencia para comprender as novas formas de protesta social no mundo mediadas por redes de comunicación autónomas en Internet.

Ocorreu cando ninguén o esperaba. Nun mundo presa da crise económica, o cinismo político, o baleiro cultural e a desesperanza, simplemente ocorreu. Conectadas a través das redes sociais de Internet, as persoas empezaron a agruparse neses espazos de autonomía e, desde a seguridade do ciberespazo, pasaron a ocupar as rúas e a elaborar proxectos ligados ás súas verdadeiras preocupacións, por encima das ideoloxías e dos intereses dominantes, reclamando o seu dereito a facer historia. En todos os casos ignoraron aos partidos políticos, desconfiaron dos medios de comunicación, non recoñeceron ningún liderado e rexeitaron toda organización formal, debatendo colectivamente e tomando as súas decisións en asembleas locais e a través de Internet. Desde Tunisia e Islandia ata a revolución exipcia e o movemento Ocupar Wall Street, pasando polos indignados en España, Manuel Castells arroxa luz sobre eses movementos - a súa formación, a súa dinámica, os seus valores e as súas perspectivas de transformación social -, que chegaron a alcanzar a 82 países. Ao fío do seu esclarecedor e apaixonante análise, identifica as novas vías do cambio social que xurdiron neste século e expón hipóteses sobre as súas implicacións prácticas. Un libro, en definitiva, imprescindible para comprender - e cambiar - o noso mundo.

Vía Alianza Editorial

9/12/12

Sus crisis, nuestras soluciones - Susan George

... A clase de Davos, malia os agradables modais e a ben axustada roupa dos seus membros, é depredadora. Non cabe esperar que actúen de xeito lóxico, pois non están a pensar en intereses a longo prazo, polo xeral nin sequera os seus, senón en comer agora mesmo. Tamén están moi versados en xestión carceraria e encargan aos vixilantes mellor preparados e máis listos o control dos nosos movementos.
(...) A maioría das persoas non piden máis probas; ven á perfección que o sistema non funciona para elas, nin para as súas familias, os seus amigos ou o seu país. Moitos recoñecen tamén que é prexudicial para a inmensa maioría dos habitantes da terra e para o propio planeta. A estada ideolóxica e política que o sostiña caeuse xunto coa estrutura financeira, o que esmagou a millóns de vidas obrigando o establishment global a adoptar medidas sen precedentes que supuxeron un custo enorme para os cidadáns, sen garantías de que eses plans ideados a toda présa vaian ser suficientes.
Xa é hora de actualizar a frase de Lenin - "os capitalistas venderannos a soga coa que os colgaremos". Hoxe é aínda peor: os capitalistas véndense uns a outros a soga coa que se aforcan e nos arrastran aos demais con eles. Así é como provocaron a catástrofe actual, vendéndose uns a outros sogas ás que poñían nomes extravagantes ou acrónimos que ao final resultaron ser produtos financeiros sumamente perigosos. Os gobernos apresuráronse a evitarlles un final ignominioso antes de que chegasen a expirar. Pero que non se estenda o pánico: quizais metesen a pata no seu primeiro intento de suicidio, pero probarán de novo...

Susan George (Ohio, 1934) nacionalizada francesa desde 1994, é unha das intelectuais de referencia para o movemento antiglobalización e anticapitalista. Doutora en Ciencias Políticas na Ecole des Hautes Etudes en Sciences Sociales da Universidade de París, filósofa e analista política é, ademais, licenciada en Francés polo B.A.Smith College dos EE.UU, en Filosofía pola Sorbonne de París e presidenta do Comité de Planificación do Transnational Institute de Amsterdam, .


No seu libro Sus crisis, nuestras solucciones (Intermon Oxfam - Icaria Editorial, 2010) proponse explicar como e por que se chegou á crise actual, pero sobre todo propoñer solucións que pasan por contrarrestar o poder da elites do neoliberalismo.