"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe
Mostrando entradas con la etiqueta desinformación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta desinformación. Mostrar todas las entradas

5/5/13

Doutrina do Shock, Noam Chomsky e As 10 estratexias básicas de manipulación mediática

Vía diseño social EN+

Hai pouco reflexionabamos sobre a importancia das "noticias positivas" fronte á Doutrina do Shock. Para alcanzar unha sociedade libre é necesario que as persoas teñan garantido o acceso ao coñecemento, e saiban ademais manexar de forma crítica a información que recibe. Nesta mesma liña de pensamento, queremos compartir hoxe convosco as reflexións de Noam Chomsky e Sylvain Timsit sobre a manipulación mediática.

Ver artigo completo >>

14/1/13

Unha escola de economía para suspender o medo

Artigo de Pau Llop en Colaboratorio, blog de el diario.es
  • En febreiro abrirá en Valencia a primeira sé de Okonomía, un proxecto de educación cidadá que se está financiando vía crowdfunding.
  • Pretende crear na cidadanía un marco crítico e máis consciente na súa relación coas finanzas.


A palabra "economía" vén da raíz grega "oikos", que significa "fogar". Un vocábulo derivado, "Okonomia", refírese á tarefa de administrar o fogar dunha forma prudente, equitativa e sensible ás necesidades de quen nel viven. Estes son os cimentos de Okonomia, a primeira escola popular de economía que se constrúe neste mesmo momento vía crowdfunding (xa alcanzou o orzamento mínimo) e que abrirá as súas portas moi pronto, en febreiro, contando con mentores como o economista Arcadi Oliveres.

Trátase dun lugar físico, pero nómada, que aspira a expandirse como metodoloxía en todos aqueles barrios e pobos de España onde haxa unha familia, un fogar -un "oikos"- que estea sufrindo sen saber como nin por que o zarpazo dunha crise da que na súa causa aínda non alcanzan a comprender cal foi o seu papel.


9/12/12

Medios de Desinformación - Rosa María Calaf



Rosa María Calaf é xornalista e antiga correspondente de RTVE. Nesta entrevista con ATTAC TV fai unha magnífica descrición sobre os medios de (des)información e o eixo do pensamento único do que se alimentan.