Artigo de Juan Torres López, publicado o 2 de xullo de 2013 en jovenesvedruna.org.
É cada vez máis frecuente que os problemas económicos se presenten como cuestións técnicas nos que a súa solución só require a decisión de expertos, de "tecnócratas" ou persoas moi especializadas. Evítase que sexa a xente normal e corrente a que decida sobre eles porque considérase que non está preparada e que, xa que logo, si decidise podería ocasionar perturbacións graves, un mal funcionamento da maquinaria económica, máis ou menos como sucedería si calquera de nós que non tivese os coñecementos adecuados se empeñase en arranxar o seu reloxo ou calquera aparello máis ou menos complicado.
Iso é o que sucede, sobre todo, cando se fala de cuestións monetarias. De feito, os bancos centrais (como en Europa o Banco Central Europeo) que son as máximas autoridades nesa materia e que gozan dun poder case omnímodo, son desde hai tempo independentes dos gobernos ou parlamentos e os seus directivos noméanse facendo crer á xente que se trata de técnicos que non toman decisións "políticas". Equiparando, ademais, o "político" ao caprichoso da xente ou os gobernos.
Pois ben, esta é unha das mentiras máis grandes que acompaña ao discurso e á política económica do noso tempo.

.jpg)