"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe
Mostrando entradas con la etiqueta documental. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta documental. Mostrar todas las entradas

23/4/13

Por que a xente non reacciona? A indefensión inducida

A Indefensión Aprendida, adquirida ou inducida, termo acuñado polo profesor Martin Seligman, é unha condición psicolóxica na que un suxeito aprende a crer que está indefenso, que non ten ningún control sobre a situación na que se encontra e que calquera cousa que faga é inútil.

Os efectos da indefensión serán maiores se un tende a pensar que a non continxencia é debida a factores estables ou de carácter global, mentres que os efectos serán menores ou transitorios se un tende a atribuír o fenómeno a factores inestables ou de carácter máis específico. Ou sexa, se lle atribuímos á crise global a culpa da nosa situación e se alleamos de nós a posibilidade de elección da resposta, quedamos indefensos ante os poderes fácticos, aos cales nos renderemos sen exercer ningunha resposta. Iso explicaría, por exemplo, o por que os prisioneiros dos campos de concentración non se rebelaron contra os nazis.

Moitos de nós vemos con claridade quen son os responsables directos da crise e somos capaces de sinalalos e actuar contra eles. Preguntámonos por que tanta xente se resigna, aínda, nas súas casas, en lugar de saír a encher as rúas. Porque, certamente, non deixamos de escoitar as mesmas frases, as mesmas mensaxes, que se repiten como mantras sen sentido: vivimos por enriba das nosas posibilidades, non podemos facer nada, eles sempre gañan, todo está perdido, que podemos facer nós sós contra o sistema? Frases que reflicten un incomprensible conformismo. Pero, que se o analizamos dende o prisma de que estamos baixo unha hipnose colectiva, baixo a indefensión inducida, cobra máis sentido.

A indefensión provoca unha actitude pasiva da que se aproveita o Sistema, para dominar calquera impulso de reacción que a Cidadanía puidese ter fronte a unha xestión abusiva dende o Poder.


9/2/13

15M: «Excelente. Revulsivo. Importante»

Ficha técnica e sinopse:

15M: "Excelente. Revulsivo. Importante"
Escrita e dirixida por Stéphane M. Groso
Unha produción de Madrid.15M.cc
2012 / HD / cor / stereo / 75 minutos

O pasado 15 de maio de 2011 todo cambiou, ou nada. Decenas de miles de cidadáns saíron ás rúas para o que sería o comezo do cambio definitivo na sociedade española e nas mentes das persoas, ou non. E non foi só "un movemento 15M", foron "moitos 15Ms", tantos como persoas. En 15M: "Excelente. Revulsivo. Importante", asistimos en primeira persoa a unha desas experiencias en Madrid. Non á máis importante ou a máis vistosa, sencillamente, a unha máis.


19/1/13

Fillos da crise

Non hai país con futuro si non coida a súa infancia

Cunha taxa de pobreza infantil do 27%, España é o cuarto país coa proporción máis alta de nenos pobres da Unión Europea.

"A pobreza ten rostro de neno", sinalou a directora de Unicef España, Paloma Escudero, quen alertou, durante a presentación do informe "O impacto da crise nos nenos", que estes sofren a crise especialmente naqueles fogares que se viron obrigados a reducir os seus gastos en produtos de primeira necesidade, como a alimentación, a atención médica ou o material escolar.

Máis de 2 millóns de nenos, vive en fogares que están por baixo do limiar da pobreza, polo que por primeira vez sitúanse como o colectivo máis pobre de España. Así se desprende do último informe sobre a infancia realizado por Unicef, que destaca que en dous anos hai case 205.000 nenos máis que viven en fogares nos que os seus ingresos son inferiores a 16.000 euros anuais para unha unidade familiar de dous adultos e dous nenos.



29/12/12

Ouro azul. A guerra da auga


Este documental, baseado no libro Oro azul. Las multinacionales y el robo organizado del agua de Maude Barlow e Tony Clarke, demostrará como o planeta achégase rápida e peligrosamente a unha crise mundial pola auga, mentres a fonte de vida por excelencia entre a formar parte dun mercado global e sexa asunto de disputas na area política.

Tal e como dixo o vicepresidente do Banco Mundial, «as guerras do próximo século serán pola auga». A reserva mundial de auga está caendo en mans de multinacionais, que pugnan por controlar este precioso recurso. Os autores, activistas canadienses, denuncian o preocupante panorama da realidade: as compañías multinacionais benefícianse da debilidade dos gobernos, á vez que consumen as reservas de auga. Nalgúns países, a auga foi ata privatizada, mentres as vendas de auga embotellada por parte de compañías como Perrier e Evian, e de refrescos como Coca-cola e Pepsi, increméntanse sen cesar.

Finalmente, o que en realidade está en xogo é o poder das multinacionais nunha contorna económicamente liberalizada, fronte ao dereito das persoas a un elemento tan básico como a auga; a globalización, fronte ao coidado e ao respecto do medio ambiente e dos recursos naturais da Terra.

Con todo xurdiron movementos sociais que converxen en considerar a auga un dereito humano universal e están sendo capaces de facer fronte ás políticas capitalistas, propoñendo novos modelos de manexo deste recurso tan básico.

Estas loitas concrétanse en experiencias locais tales como a do pobo Olavanna do estadio indio de Kerala, onde grazas á Campaña de Planificación Popular, descentralizáronse os procesos de planificación, dando voz aos intereses das comunidades, facéndoos partícipes do proceso e dos resultados, realizando unha xestión mais sostíbel.

Ademais cabe destacar a experiencia do Departamento Municipal de Auga e Esgotos, DMAE, da cidade brasileira de Porto Alegre, un empresa pública que se converteu nun modelo de resistencia fronte ás tendencias que impulsan a privatización, facendo do orzamento participativo un proceso democrático para tomar decisións.




Ver máis artigos sobre o tema en  Ecoloxía social - Auga, o ouro do século XXI en Rebelión.org

16/12/12

Bancos: culpables y rescatados

Reportaxe de "La Sexta Columna" que mostra a vergoñosa situación actual dos bancos españois e estuda en profundidade o por que dos seus rescates levados a cabo polo Goberno. Bancos e caixas que financiaron unha burbulla inmobiliaria asasina, bancos e caixas que estiveron ao servizo dos soños megalómanos de políticos, caciques locais e promotores inmobiliarios e agora as consecuencias dos seus actos témolas que pagar os cidadáns.


12/12/12

The Take - Documental


Durante 2001, Arxentina viuse inmersa nunha das máis importantes crises económicas dos últimos tempos. A clase media, a máis próspera de toda Latinoamérica espertouse nun Bos Aires fantasmagórico, con fábricas abandonadas e un número espectacular de parados. Nos suburbios da capital, trinta obreiros sen emprego deciden tomar a fábrica onde traballaban e néganse a abandonala. Documental antiglobalización escrito pola autora de No Logo. El poder de las marcasNaomi Klein e coa aparición de persoas relevantes como Bill Clinton, Gustavo Cordeira, Freddy Espinoza, Nestor Kirchner, , Avi Lewis, Carlos Menem, Lalo Paret, Juan Domingo Perón, Anoop Singh, Luís Zanon, etc.

Guía didáctica para traballar no aula.

8/12/12

Libro e documental - La doctrina del Shock


Baseado no libro de Naomi Klein: "La doctrina del Shock", narra a forma na que os chamados "chicago boys" de Milton Friedman, utilizaron o descubrimento dos electroshock da psicoloxía para borrar os recordos e regresar ao suxeito a un estado infantil, e poder reescribir a súa historia, trasládano ao contexto socio económico dos países en vías de desenvolvemento, para propinar shocks económicos (alza de impostos, eliminación de subsidios e políticas sociais, aumento de prezos, etc.) e así, permitir saquear mellor  os recursos naturais e enriquecer ás transnacionais.