Vicenç Navarro, 26 de abril de 2013
Este artigo sinala que a crise tan profunda da economía española, co desemprego maior que existise ata agora, era doadamente predicible, como alertamos algúns autores xa dende o inicio da crise. As políticas neoliberais con recortes do gasto público, incluíndo o social, e diminución dos salarios, están a crear un problema enorme de falta de demanda doméstica, que non pode resolverse a base de maior endebedamento, resultado da carencia de crédito, este último consecuencia, á súa vez, da enorme concentración das rendas de capital e o seu excesivo crecemento a base de investimentos especulativos.
Uns poucos estivemos a dicir dende que se iniciou a crise que as políticas públicas que se están a aplicar durante estes anos de recesión son profundamente erróneas e están a levar aos países da Unión Europea (e moi en especial aos países da periferia da Eurozona) ao desastre. Como era predicible, os feitos que están a acontecer, co maior incremento do desemprego coñecido ata agora, están a mostrar que, por desgracia, levabamos razón.
En realidade, o problema co que nos enfrontamos é doado de entender e de resolver. Hoxe o sector privado da economía está paralizado ou en declive debido á falta de demanda e á escaseza de crédito para que as empresas e as familias poidan investir e/ou consumir. A evidencia diso é clara, robusta e abafadora. Ante esta situación, o único sector que pode estimular e facer crecer de novo á economía é o sector público. Así se saíu da Gran Depresión a principios do século XX en EUA e en Europa. En EUA, a Administración Roosevelt aumentou o investimento e o gasto público dun xeito moi notable, acentuándose mesmo máis co inicio e posterior desenvolvemento da II Guerra Mundial. En Europa foi este mesmo conflito o que creou un grande aumento do gasto e investimento públicos, que resolveu o problema da Gran Depresión.