"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe
Mostrando entradas con la etiqueta sanidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sanidade. Mostrar todas las entradas

4/2/13

A privatización da sanidade

Artigo publicado por Vicenç Navarro no diario digital EL PLURAL, 4 de febreiro de 2013

Este artigo mostra a enorme ineficiencia económica e falta de sensibilidade ao usuario do sistema sanitario privado de Estados Unidos.

A aqueles políticos e economistas que desexan privatizar a sanidade, utilizando o argumento de que a sanidade privada é mellor que a pública, aconséllolles que estuden o sistema sanitario estadounidense, onde o seu financiamento é predominantemente privado, xestionándose a través de compañías de seguros privadas, tal como están suxerindo que se faga os partidos conservadores e liberais en España e na Unión Europea. É un sistema que coñezo ben, como resultado de vivir naquel país durante moitos anos, tendo intentado cambialo cando a Sra. Hillary Rodham Clinton pediume que a axudase, integrándome no seu grupo de traballo na Casa Branca, sendo o seu  obxectivo precisamente cambiar aquel sistema para facelo máis equitativo e máis eficiente, pois é un dos sistemas sanitarios máis ineficientes e menos equitativos dos hoxe existentes. Só basta citar algúns datos para velo.