Un estudo de Sören Holmberg e Bo Rothstein (link) explora os efectos que distintas macro-variables teñen sobre unha serie de indicadores estándar de saúde nunha mostra de máis de 120 países (con datos procedentes da Organización Mundial da Saúde e dispoñibles aquí). Son indicadores variados: algúns obxectivos - como a esperanza de vida e os niveis de mortalidad infantil ou durante o parto - e outros de natureza subjxectiva - como as expectativas e as percepcións subxectivas sobre a súa saúde que teñen os cidadáns do país (...)
(...) Canto máis diñeiro público un país inviste en sanidade, maior é a esperanza de vida. A relación positiva entre sanidade pública e esperanza de vida parece que resulta evidente. Algo similar ocorre con outros indicadores de saúde. De forma bastante clara parece que o diñeiro que un país gasta na sanidade pública tradúcese nunha poboación con mellor saúde.
Pero, sorprendentemente, o mesmo non ocorre coa sanidade privada. Un país que gaste moito ou pouco diñeiro en sanidade privada non parece trasladarse nunha maior esperanza de vida. A relación case parece negativa - aínda que non é estatisticamente robusta. En todo caso, e como mínimo, investir recursos en (a teóricamente máis eficiente) sanidade privada non parece unha opción moi saudable si pensamos no interese dos cidadáns dun país no seu conxunto. Como mostran Holmberg e Rothstein, algo similar sucede con outros indicadores de saúde. Poida que a sanidade privada beneficie moito a uns poucos cidadáns, pero non parece beneficiosa para a gran maioría (...)
Ver artigo completo no blog Piedras de papel en el diario.es