O prezo público dun grado universitario en Francia é de 181 euros ao ano fronte aos máis de 1.000 euros de media en España.

Aumenta case un 20% o número de estudantes españois que marchan a universidades públicas francesas por motivos económicos.
Os altos prezos das taxas universitarias en España comezan a provocar unha emigración ao estranxeiro motivada non só por razóns académicas senón económicas. O Goberno francés rexistra un incremento de case o 20% no número de alumnos españois que nos dous últimos cursos optou por matricularse nalgunha das 80 universidades públicas do país veciño. O prezo público dun grado universitario en Francia é de 181 euros ao ano fronte aos máis de 1.000 euros de media en España.
As facultades de París, seguidas polas de Burdeos, Montpellier, Lyon e Toulouse son as que máis atraen aos universitarios españois que miran ao país veciño para matricularse en carreiras relacionadas con Linguas e Ciencias Humanas, ademais do área de ciencias sanitarias, como Medicina, Fisioterapia e Enfermería, e Enxeñeirías.

"Polas peticións de información e matrícula que recibimos, o principal motivo que esgrimen os estudantes españois é o económico. Aseguran que as taxas universitarias en España son moi caras e buscan a oportunidade de estudar noutro país onde esas matrículas son máis baratas. E efectivamente, así é en Francia, onde temos un sistema de financiamento público da educación superior a cargo do Goberno que supera en máis dun 80% o custo desas matrículas", sinalou á SER a responsable de CampusFrance en España, Jessica N'koumba.
"Na actualidade, os prezos anuais por grado universitario en Francia son de 181 euros, e de 245 no caso do máster", engade N'Koumba, que especifica que son datos relativos ás 80 universidades que integran o sistema público de educación superior. No caso de España, coa última subida aprobada polo Goberno, o custo medio dun grado universitario supera con fartura os 1.000 euros e no caso do máster pode superar os 3.000 euros, con grandes variacións segundo o tipo de estudos, grao de experimentalidade e comunidade autónoma.
"Notamos que o interese dos alumnos españois é por motivos económicos, unido tamén a unha mellor perspectiva de atopar un traballo en Francia relacionado cos seus estudos. Atráelles tamén o sistema de prácticas que existe en Francia, máis desenvolvido en España, xa que resulta obligatorio realizar esa formación práctica en empresas nos ciclos de posgrao, o que facilita as perspectivas posteriores de atopar un emprego", explica.
"De sabelo antes faría toda a carreira en Francia". Ester Artells realiza na actualidade estudos de post-doutorado en Marsella e anteriormente fixo un máster na universidade de Lyon. Previamente, esta tarraconense licenciárase en Bioloxía na Universidade Autónoma de Barcelona. "Tívenme que trasladar de cidade, atopar un piso de aluguer e tanto eu como a miña familia tivemos que facer moitos esforzos para pagar a carreira, incluído un traballo a media xornada", explica. "Cando vin a Francia a facer o máster e vin os prezos da matrícula alucinei, non podía crelo, cinco veces máis barato que en España. De sabelo antes viría a Francia directamente a facer toda a carreira.
Ademais, hai unha rede de residencias universitarias e comedores estudiantís que tamén están subvencionados cun custo razoable para o alumno, de modo que si fas números pódeche saír máis barato estudar". Ademais, Artells defende que no caso das universidades francesas a opción non é só económica senón que hai sobrados motivos académicos. "Hai calidade, académica e investigadora, ademais de máis investimento e protección pública ao I+D que en España. Paréceme unha barbaridade o que se está esixindo agora en España para estudar na Universidade, así que si un atopa unha opción máis barata e con máis posibles saídas, que máis podemos pedir?".
Fonte: Cadenar Ser