Artigo de José María Mella, Catedrático da Universidade Autónoma de Madrid e membro do colectivo EconoNuestra
Dous documentos recentes do FMI (Fondo Monetario Internacional) recrudeceron o debate, existente desde hai xa moitos anos, sobre o efecto das reducións ("recortes") do gasto público no ritmo de crecemento da economía. Estes documentos son Perspectivas Económicas Mundiais (outubro de 2012) e Erros de Predicción do Crecemento e Multiplicadores Fiscais (Xaneiro de 2013).
A relevancia do debate é evidente, porque as súas conclusións afectan directamente ás predicciones realizadas sobre o crecemento das economías, ás políticas económicas prescriptas polo organismo internacional aos gobernos e, sobre todo -que é ao final o que conta-, ás condicións de vida e de traballo de decenas de millóns e millóns de cidadáns.
Nos citados documentos conclúese, trala aplicación das técnicas de cálculo ao uso, que os "pronósticos do FMI subestimaron significativamente o incremento do desemprego e a caída no consumo privado e o investimento asociados á consolidación fiscal"; aínda que, escapando a toda lóxica, tamén se afirma que estes "resultados non implican que a consolidación fiscal -así chama o FMI aos "recortes"- sexa indeseable".
(...) O primeiro erro é o relativo á subestimación dos "multiplicadores fiscais"; isto é, os efectos dos cambios nos gastos públicos -os "recortes"- sobre o crecemento económico. O FMI supuxo que o multiplicador fiscal era aproximadamente 0,5: por cada euro de "recorte" do gasto público, a economía decrecería 50 céntimos. Pero, en realidade, o efecto negativo non foi de 0,5 senón de 1,7 ou ata máis. Isto quere dicir que a economía decreceu moitísimo máis do esperado, como mínimo tres veces máis.
(...) O segundo erro é que, no caso dos países europeos que aplican todos e simultáneamente políticas de austeridade, non ten moito sentido utilizar multiplicadores fiscais nacionais. Habería que utilizar multiplicadores fiscais europeos, porque os efectos contractivos das reducións de gasto de cada país transmítense vía caída do comercio a todos os países. Outra razón que abunda na idea de que os multiplicadores son moito maiores que os esperados.
O terceiro erro consiste en que os multiplicadores son maiores tamén do esperado pola ausencia dunha política monetaria do Banco Central Europeo centrada no crecemento e o pleno emprego, que puidese contrarrestar os efectos contractivos dos "recortes" de gasto. De novo a realidade é tozuda e mostra que o diñeiro non chega á economía real de familias e empresas, senón que se queda en mans dos bancos.
Ver artigo completo>>
No hay comentarios:
Publicar un comentario