Como se pode medir a riqueza dos países? O uso do PIB (Produto Interior Bruto) como medida de benestar é xeneralizado, pero hai que usalo con coidado xa que o PBI recolle, grosso modo, todos os bens e servizos que xera un país e é o indicador máis internacional, pero cada vez é maior o número de teóricos que o cuestiona como termómetro do progreso dun país e do seu nivel de benestar: non valora as desigualdades, non desconta as facturas do crecemento económico no medio ambiente e a calidade de vida das persoas e é cego a elementos como a cultura e saúde.
O PIB mide a xeración de riqueza, pero non ten en conta, entre outras cousas, a depreciación dos recursos naturais ou ben o capital humano, variables moi difíciles de medir. Por exemplo, un país pode aumentar o seu PIB explotando de forma intensiva os seus recursos naturais, pero o capital do país descenderá, deixando para as próximas xeracións menos capital dispoñible.
Non ten en conta tampouco a distribución do ingreso, e é por iso que pobladores dun país con igual PIB que outro pero cunha distribución máis equitativa do mesmo gozarán dun maior benestar que o segundo. Non toma en conta os traballos de voluntarios ou de amas de casa, tamén ignora o endebedamento externo, polo que o uso do PIB como sinónimo de benestar social debe ser analizado con cautela, sobre todo nunha conxuntura global afectada polos problemas de débeda dos países máis "ricos", que con débedas crecentes que se tornan impagables convértense en países "pobres".
Fronte a esta medida macroeconómica, aparecen indicadores alternativos, homologables e internacionais.
Bután foi o primeiro país do mundo en cambiar a medición tradicional do Produto Interior Bruto (PIB) polo de Felicidade Nacional Bruta (FNB). Un concepto coñecido agora como o PIB da felicidade. Para iso, todo Goberno debe centrar os seus esforzos en catro direccións: desenvolvemento socio-económico igualitario e sostíbel, conservación da natureza, preservación da cultura e o patrimonio cultural, e un goberno responsable e transparente.
O goberno de Bután creou unha medición baseada en catro alicerces e nove áreas que se miden cada dous anos nunha enquisa que busca valorar a felicidade dos seus habitantes. Mide o benestar psicolóxico, uso do tempo, vitalidade da comunidade, cultura, saúde, educación, diversidade medioambiental, nivel de vida e goberno.
A aposta de Bután calou tan fondo que a comezos de abril lanzouse o primeiro informe de Felicidade apoiado pola ONU, en Nova York, onde este país foi mencionado como caso de estudo para o resto das nacións. Na ocasión realizouse unha conferencia á que asistiron expertos en Felicidade de todo o mundo e onde os representantes de Bután tiveron un rol protagónico.
"A conclusión en Nova York é que hai unha necesidade dunha nova economía, dun novo paradigma económico. O actual que está baseado no PIB, non é suficiente. Debemos empezar a mirar as cousas de xeito diferente. Que o desenvolvemento tamén signifique felicidade", concluíu Dasho Karma, ministro de Felicidade de Bután .
Material relacionado:
El reino que quiso medir la felicidad - El País
La Felicidad Interna Bruta cumple años
Índice do Planeta Feliz - Wikipedia
Happy Planet Index

No hay comentarios:
Publicar un comentario