"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

20/2/13

Que é o crowdfunding?

"Persoas con diñeiro que confían en persoas con ideas e xuntos traballan para sacar un proxecto adiante" 
(Javier Martín)


Intentar sacar un proxecto adiante non é nada sinxelo. Os emprendedores empresariais sábeno, pero tamén aqueles que pretenden poñer en marcha un proxecto cultural, xa sexa no ámbito do cine, a literatura ou a música. Pero os tempos que corren, económicamente desoladores, tamén ofrecen alternativas novedosas que permiten levar a cabo calquera idea.

Unha destas alternativas é o denominado crowdfunding, que se pode traducir como microfinanciación ou financiamento en masa. Dentro do ámbito cultural, son cada vez máis os creadores anónimos que acoden ao público xeral para poder financiarse. E é que o crowdfunding é unha sorte de cooperación colectiva na que o creador expón o seu proxecto, xeralmente utilizando internet e as redes sociais, co obxectivo de atopar o diñeiro que é necesario para que o proxecto poida cristalizar.

Así, os usuarios que están interesados nunha idea, poden colaborar segundo as súas posibilidades financiando o proxecto dun creador. Agora ben, recibe o donante ou mecenas algunha compensación polo financiamento dun proxecto? Depende das características propias de cada crowdfunding, pero xeralmente trátase dunha doazón desinteresada. A compensación sería o goce dun disco, película ou libro que, sen a achega do público, non podería ver a luz. Polo tanto, non sempre se trata dun investimento no que imos recuperar ou sacar diñeiro. Non sempre somos inversores nin productores executivos, en ocasións unicamente somos doantes...

Aínda interésavos o crowdfunding? Si analizamos esta práctica nos últimos anos, atoparémonos cun bo número de proxectos, algúns moi famosos, que se fixeron realidade grazas ao aporte de diñeiro do público. Un dos casos máis coñecidos é o da película "El Cosmonauta", dirixida por Nicolás Alcalá e financiada por máis de 5.000 persoas, primeiro filme español que se executou enteramente a través de crowfunding.

Os expertos din que hai grandes opcións de lograr o orzamento con esta orixinal alternativa de financiamento. Curiosamente, os proxectos de orzamento máis baixo teñen máis dificultades. Aínda que a interpretación podería ser outra. Aqueles proxectos máis ambiciosos e nos que estean detrás creadores recoñecidos contan co favor do público.

E en que portelo temos que preguntar para isto da microfinanciación? VerkamiLánzanos  ou Seedquick son algunhas das organizacións que se dedican a xestionar o crowdfunding en España. Así que xa sabes, si tes un proxecto entre mans, pero non tes nin un duro na conta corrente, sempre poderás buscar pequenos productores na rede.

Vía consejos.ahorro.net e universocrowdfunding.com

No hay comentarios: