"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

7/11/13

Nova revista: Alternativas Económicas

Alternativas Económicas é unha cooperativa de traballo asociado cuxo obxectivo principal é a edición da revista Alternativas Económicas, de periodicidade mensual e dedicada á divulgación económica. A sociedade está integrada por xornalistas de longa traxectoria en El país, Público e El Periódico de Catalunya, e profesionais de distintos sectores, incluída a economía social.

A cooperativa inspírase no modelo xornalístico e societario que dende hai 32 anos desenvolveu a publicación francesa Alternatives Economiques. A cooperativa española e a francesa estableceron un acordo de colaboración, que inclúe intercambio de participacións e a publicación de contidos da edición gala.

Alternativas Económicas está dirixida por Andreu Missé, quen desenvolveu a súa actividade profesional en El periódico de Cataluña e en El país, durante os últimos 35 anos, nos que ocupou os postos de redactor xefe de Economía, subdirector e delegado en Bruxelas ata o pasado febreiro.

A redacción está integrada por Pere Rusiñol, ex redactor xefe de El país e adxunto á dirección do diario Público; Ariadna Trillas, ex responsable de Economía de El país Catalunya e directora adxunta do diario Ara ata o pasado novembro; e Mariana Vilnitzky, xornalista especializada en temas de economía social, con varios anos de traballo no mundo das cooperativas, e ex-redactora do Grupo La Nación de Bos Aires. Completan a sociedade, Joaquim Barriach, enxeñeiro, responsable da xestión; e Nadia Chehabi, licenciada e máster en periodismo, á fronte da área de mercadotecnia.

A nova publicación nace en España coa vocación de ampliar as súas actividades ao mundo de fala hispana no seu conxunto. Conta co apoio de máis de 30 socios colaboradores, entre os que figuran destacados profesionais do periodismo, a economía, a universidade e a economía social.

No hay comentarios: