"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

16/12/13

LA MAREA -

Quen somos?

      La Marea é unha revista mensual en papel e un medio dixital diario que apostan polo periodismo rigoroso e comprometido, as reportaxes en profundidade e a cultura. O noso obxectivo é ofrecer información libre de intereses empresariais e políticos cuns principios editoriais claros: a liberdade, a igualdade, a laicidade, a defensa do público, a soberanía dos pobos, a economía xusta, a rexeneración democrática e a denuncia da ilexitimidade da monarquía, a memoria histórica, a cultura libre, o traballo e a vivenda dignos e o respecto polo medio. Cremos en predicar co exemplo sobre os valores que defendemos de portas para fóra. Por iso, temos un código ético que nos impide aceptar publicidade que contradiga os nosos principios editoriais. Non aceptamos anuncios de bancos que executan desafiuzamentos nin de empresas que invisten en armas; tampouco publicamos anuncios sexistas, racistas ou que menoscaben a dignidade humana, como é o caso dos anuncios de prostitución.

A COOPERATIVA MásPúblico

      A editora de La Marea é MásPúblico sociedade cooperativa, unha empresa que se formou tras o peche da edición en papel do diario Público e o despedimento, en condicións abusivas, do 85% dos seus traballadores. Un grupo deles, coa colaboración de moitos lectores do diario, xerou entón a idea que se plasmou nesta web e na revista que podes encontrar, a partir do último venres de cada mes, nos quioscos de Madrid, Barcelona, Sevilla, Granada, Córdoba, Alicante e Valencia, así como en puntos de venda de medio centenar de localidades. Esta fórmula de cooperativa formada por lectores e traballadores -inédita en España- permite desvincular o diario de intereses empresariais e políticos.

No hay comentarios: