"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

10/6/13

Todo lo que era sólido - Antonio Muñoz Molina

Este é un ensaio directo e apaixonado, unha reflexión narrativa e testemuñal, ao máis puro estilo dos ensaios de George Orwell ou de Virxinia Woolf, unha proposta de acción concreta e entusiasta para avanzar dende a actual deterioración económica, política e social cara á realidade que queremos construír. Partindo tanto de documentos xornalísticos coma da tradición literaria, Antonio Muñoz Molina escribe esgrimindo razón e respecto, sen eludir verdades por amargas que estas sexan, porque saber é o único camiño para cambiar as cousas.

Testemuña dunha época na que aínda non estaban ao noso alcance dereitos que agora perigan, recórdanos que nada é para sempre, que calquera dereito pode desaparecer. Este ensaio convócanos: «fai falla unha serena rebelión cívica» e aprémanos: «hai cousas inaprazables».

Todo lo que era sólido é un espello no que todos debemos mirarnos, non importa o lugar ideolóxico no que nos movamos, onde vivamos ou a nosa condición social; unha chamada para que reaccionemos, cada un dende o noso ámbito de actuación, e contaxiemos co noso exemplo unha responsabilidade cívica que habemos de esixir, de xeito contundente, aos nosos gobernantes


Vía planetadelibros.com

9/6/13

O que debes saber para que non che rouben a pensión

Este libro trata de poñer as cousas no seu sitio explicando da forma máis clara posible o que hai detrás de todo ese catastrofismo.

Hai xa anos que se iniciou un claro ataque ás pensións públicas, un dos dereitos máis apreciados pola poboación. Para iso difundiuse ata a saciedade un discurso catastrofista que a base de ser repetido calou fondo na xente: a sociedade faise vella e dentro duns anos non haberá traballadores suficientes para financiar as pensións, así que convén subscribir canto antes fondos privados.

Estas ideas adóitanse presentar acompañadas de informes sesudos que auguran un déficit insoportable para a Seguridade Social e a súa gran difusión mediática fai que a opinión pública remate por crer que o seu futuro está no aire.

A realidade é que este discurso carece de fundamento científico, está moi ideoloxizado, preséntase sen probas e, ata o momento, todas as súas predicións foron desmentidas polos feitos. Para disimulalo, siléncianse as análises dos que demostran que a viabilidade e o futuro das pensións teñen que ver con outros factores, que non se teñen encuenta para poder xustificar así a súa progresiva privatización.


7/5/13

Decálogo para saír da crise

Por José María Mella, catedrático da Universidade Autónoma de Madrid

Desta crise pódese saír. É necesario claridade de ideas. A continuación propoño algunhas, baseadas nas formulacións de Krugman, do que recomendo a lectura do seu último libro (¡Acabad ya con esta crisis!).

Primeira: "O que falla é a demanda". Os consumidores non consumen, os empresarios non invisten e os exportadores non exportan o suficiente.

Segunda: "O teu gasto é o meu ingreso e o meu ingreso é o teu gasto". Isto é obvio para todos, menos para os que nos mandan. Se os individuos nos apertamos todos os cintos e tamén o fai o goberno, quen compra a produción?

Terceira: "Gastar menos pódeo facer un individuo ou unha familia, pero non toda a sociedade". Todos os países europeos compran menos do que poden producir: isto pódeo facer un individuo; se o fai toda a sociedade: o resultado é a crise.

5/5/13

Doutrina do Shock, Noam Chomsky e As 10 estratexias básicas de manipulación mediática

Vía diseño social EN+

Hai pouco reflexionabamos sobre a importancia das "noticias positivas" fronte á Doutrina do Shock. Para alcanzar unha sociedade libre é necesario que as persoas teñan garantido o acceso ao coñecemento, e saiban ademais manexar de forma crítica a información que recibe. Nesta mesma liña de pensamento, queremos compartir hoxe convosco as reflexións de Noam Chomsky e Sylvain Timsit sobre a manipulación mediática.

Ver artigo completo >>

30/4/13

Lo que debes saber para que no te roben la pensión

O que debes saber para que non che rouben a pensión 

Vicenç Navarro, Juan Torres López

Este libro trata de poñer as cousas no seu sitio explicando da forma máis clara posible o que hai detrás de todo ese catastrofismo.

Hai xa anos que se iniciou un claro ataque ás pensións públicas, un dos dereitos máis apreciados pola poboación. Para iso difundiuse ata a saciedade un discurso catastrofista que a base de ser repetido calou fondo na xente: a sociedade faise vella e dentro duns anos non haberá traballadores abondo para financiar as pensións, así que convén subscribir canto antes fondos privados.

Estas ideas adóitanse presentar acompañadas de informes sesudos que auguran un déficit insoportable para a Seguridade Social e a súa gran difusión mediática fai que a opinión pública remate por crer que o seu futuro está no aire.

A realidade é que este discurso carece de fundamento científico, está moi ideoloxizado, preséntase sen probas e, ata o momento, todas as súas predicións foron desmentidas polos feitos. Para disimulalo, siléncianse as análises dos que demostran que a viabilidade e o futuro das pensións teñen que ver con outros factores, que non se teñen en conta para poder xustificar así a súa progresiva privatización.

Vía Lecturalia.com