"Só gaña a liberdade quen a reconquista todos os días"
Goethe

11/1/13

O nivel de vida dos españois xa cae máis que na Gran Depresión de EEUU

Artigo de Juan Carlos Barba publicado en FinancialRed

Durante varias xeracións no imaxinario dos cidadáns dos EEUU pesou como unha losa o trauma colectivo que supuxo a Gran Depresión: un tempo de pobreza e penurias que marcou o fin dunha época na política económica non só dos EEUU senón de todo o mundo. Durante aquel período o PIB dos EEUU, país onde case con máis gravidade golpeou a crise, declinou aproximadamente unha terceira parte, o paro chegou ao 25% e o consumo e o investimento derrubáronse.

Existe un certo consenso entre os estamentos oficiais e a maioría dos economistas en que de ningún xeito pode compararse ese período de empobrecimiento co que estamos vivindo agora; pero, é iso certo? Que está ocorrendo realmente en España con aqueles parámetros que reflicten o nivel de vida dos cidadáns? É dicir, fundamentalmente o consumo.

(...) dispoñemos de datos equivalentes sobre o que ocorreu na Gran Depresión nos EEUU. Desde 1929 a 1933 (punto máis baixo da depresión), o consumo de bens non duradeiros caeu un 29%, é dicir, 3 puntos menos que en España no período 2007-2012. En canto ao consumo de bens duradeiros, este descendeu un 55%, nada menos que 17 puntos menos que os vistos en España actualmente.

Ver artigo completo >>

Desde Financialred recomendan como lectura relacionada: A pobreza será unha da principais preocupacións dos españois en 2013